Creadores e artistas bótanse á rúa pola primavera no Grove
Por Redacción
Durante dúas xornadas, venres 18 e sábado 19 de maio, a céntrica Rúa Castelao do Grove converteuse nun centro de actividade e comercial na propia rúa.
A culpa é do mercado de creadores e artistas GroveMakers, na súa edición de Primavera, que tomaron a zona para visibilizar o seu traballo e dinamizar a vida cultural e creativa da vila.
Os postos dispuxéronse ao longo da rúa, pero non é o único da súa programación, que se completa con concertos e exposicións engadidas ás propias actividades do mercado.
Este colectivo, que agrupa a artistas, artesáns e creadores do Grove ou afincados na localidade, xa protagonizou unha iniciativa similar en Nadal. Ademais nesta ocasión o mercado abriuse a creadores de fóra para ampliar a oferta.