O IES A Xunqueira I, finalista do V concurso nacional de coros escolares
Por Redacción
Só tres agrupacións de toda a xeografía española conseguiron acceder á gran final do V concurso nacional de coros escolares, e entre elas coouse un centro educativo pontevedrés.
Foi o coro do IES A Xunqueira I, que competirá contra as agrupacións corais do IES La Serna e o Colexio Internacional J. H. Newman, ambos de Madrid.
A final do certame convocado polo Ministerio de Educación terá lugar no Auditorio Nacional de Madrid o día 22 de xuño.
Todo un recoñecemento ao esforzo dos alumnos e tamén dos profesores María Luisa Sánchez e Miguel Ángel Rodríguez, que aproveitaron ata momentos de recreo para a realización de ensaios.