Os socialistas piden ao concello de Marín que instale puntos de acceso público a internet
Por Oskar Viéitez
O PSdeG-PSOE de Marín pídelle á alcaldesa María Ramallo e ao equipo de goberno que non demoren máis a instalación de espazos gratuitos de acceso público a internet en diferentes zonas del municipio mediante Wifi, é dicir, rede inalámbrica, sen cables.
Critican a "pouca vontade" á hora de poñer en marcha este proxecto que partiu dunha moción presentada polos propios socialistas marinenses e aprobada por unanimidade no pleno do mes de febreiro de 2017.
Este proxecto tamén pretende dar cobertura a diversos puntos do municipio de Marín e dotar dunha red inalámbrica de acceso público a internet en lugares usualmente frecuentados coma o Parque Azul, Alameda, Parque da Igrexa ou o Parque dos Sentidos entre outros espazos.
Os socialistas consideran que é obriga deste Concello facilitar a accesibilidade ás novas tecnoloxías. "Algo que parece non ser unha prioridade para o actual equipo de goberno do PP a pesares de ser un acordo aprobado por todos os partidos políticos en sesión plenaria", lamenta o PSdeG.