Lapis de cores reinan en Marín
Por Redacción
O recinto da Finca de Briz ofrece novos elementos, segundo anunciaba a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín. Nesta ocasión, varios lapis de cores de máis de catro metros de altura foron instalados neste espazo como figura decorativa.
Trátase dun traballo realizado por integrantes da Fundación Juan XXIII, segundo informa o Concello de Marín. Ademais, tamén se incorporou unha caixa para paxaros.
Estes cambios inclúense dentro do plan de mellora integral da Finca de Briz que, entre outros cambios, contempla a substitución de plantas invasoras por outras especies autóctonas.
Precisamente algunhas árbores de procedencia externa foron reutilizados para dar o toque cromático aos lapis que desde agora locen nesta zona de recreo.