Esixen á Xunta que dote á unidade de valoración da discapacidade de dous equipos máis "pero fixas"
Por Oskar Viéitez
O persoal da unidade de valoración da discapacidade de Pontevedra concentrouse novamente este martes 15 de maio na avenida de Vigo, diante da antiga delegación provincial da Consellería de Sanidade, para solicitar que se dote á unidade de dous equipos máis pero fixas e non temporais e que ademáis se cubran as xubilacións do persoal para realizar o seu traballo de xeito eficaz.
Os concentrados amosaron o seu malestar pola situación laboral que están a padecer ao non poder levar un ritmo aceptable de recoñecementos e orixinar prexuicios ás persoas que están á espera dunha valoración do seu grado de discapacidade xa que nestes momentos levan un atraso de tres anos.
Polo tanto, consideran como solución a dita situación o incremento de persoal estable que traballe de xeito continuado "e non por contratos temporais" e tamén cubrir as vacantes por xubilacións "pois senon as equipas están cada vez máis mermadas".
Critican que as medidas tomadas ata agora pola consellería "non son eficaces ao basearse na temporalidade do persoal contratado", intentando paliar con "parches" que ao final non resultan, e sinalan nomeadamente o convenio co Sergas para que médicos deste organismo valoren por informes e sen consulta presencial dende hai seis meses "e que ainda non se demostrou a súa eficacia".
Ademáis sobre o anuncio feito pola Xunta de que vai mandar seis equipos mediante un contrato temporal de máximo nove meses "entendemos que tampouco vai funcionar pois serán persoal sen experiencia nestes postos polo que precisaran formación e supervision e cando estén en condicions de exercer autonomamente remataralles o contrato".
Relacionadas:
-
A falta de persoal nos equipos de valoración de discapacidade provoca esperas de máis de dous anos
Por Oskar Viéitez & Nacho Fuentes |
-
Piden dous equipos máis con persoal fixo na Unidade de Discapacidade para atender máis de mil casos anuais
Por Miguel Álvarez Fandiño & Anxo Lourido |
-
Reclaman un incremento de persoal "estable" na unidade de valoración de discapacidade
Por Redacción |
-
A Xunta anuncia seis equipos de valoración da discapacidade e o PSOE esixe que non sexan un parche
Por Redacción |
-
Denuncian o importante atraso do servizo de valoración da discapacidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |