Varios detidos nunha operación antidroga do Greco en Vilagarcía
Por Oskar Viéitez
O Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (Greco) da Policía Nacional mantén aberta unha operación antidroga na zona de Vilagarcía, con cinco persoas detidas, catro arousáns e un colombiano.
Dous dos arrestados son os irmáns J.C.T.G e M.T.G, ambos con antecedentes por narcotráfico.
Nesta operación tamén se practicaron catro rexistros noutras tantas vivendas da avenida Doutor Tourón e na rúa Xunqueira situada na contorna dos colexios da Lomba e Arealonga.
Os axentes acharon medio quilo de cocaína e diñeiro en efectivo.
Fontes da investigación sinalan que varios dos detidos están vencellados ao clan Salamanca. En 2016 foron detidos no marco da operación Tincan.