Anuncian mobilizacións contra Renfe pola falta de persoal en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O sindicato CGT mobilizarase para que Renfe incremente o cadro de persoal das taquillas de venda de billetes da provincia de Pontevedra, propoñéndolle a empresa que contrate de xeito indefinido persoal para cubrir as vacantes, e de xeito temporal con contratacións de interinidade para cubrir as baixas de longa duración.
Dende hai tres meses esta falla de persoal levou a recortar a venda anticipada de billetes na estación de Pontevedra o mesmo que sucede dende o luns 7 de maio na estación de Guixar, onde só se venderán billetes para outros días de luns a domingos en horario de 15:15 a 19:30 horas (só 4 horas o día) cando anteriormente eran 9 horas todos os días.
Estes recortes xunto coas colas que se están a dar nas taquillas de Pontevedra e Vigo-Guixar, motivadas porque en moitas ocasións RENFE só ten aberta unha xanela de venda de billetes, está a ocasionar serias molestias ás persoas usuarias do ferrocarril que están a facer reclamacións por estes motivos.
Dende CGT estimaman que fan falta uns seis traballadores para completar o cadro de persoal das estacións de Vilagarcía, Pontevedra, Vigo-Guixar e Vigo-Urzaiz, cubrindo as baixas por enfermidade existentes, consecuencia dun plantel cunha idade media de 55 anos, "sendo necesario un relevo xeracional do persoal, con novos ingresos que imos a reclamar a dirección de viaxeiros en Galiza e Madrid".