A partir do mércores chegará o bo tempo, sol e calor
Por Oskar Viéitez
Comeza a semana con ceos nubrados. Os técnicos de Meteogalicia apuntan que paulatinamente, ao longo deste luns, a nosa comunidade irá quedando baixo influencia anticiclónica. Como é habitual, as Rías Baixas estarán menos cubertas que as Rías Altas onde mesmo pode haber choivas débiles e ocasionais. As temperaturas nas Rías Baixas poderían superar os 24 graos.
O martes é unha xornada de transición. É dicir, continuará a influencia anticiclónica con grandes claros pero os ventos do norte achegarán unha masa fría e húmida.
O bo chegará o mércores, unha xornada para a que se espera unha subida das máximas. Cun tempo claramente anticiclónico.
A mellora será progresiva grazas ao anticiclón dos Azores, que se posiciona sobre as illas británicas afectando a Galicia.
O bo tempo prolongarase ata a fin de semana.