A Festa da Troita segue o seu periplo polo rural batendo records de participación
Por Redacción
A Festa da Troita segue o seu periplo polas parroquias de Ponte Caldelas, levando a celebración gastronómica por todos os lugares do municipio.
O goberno local puxo en marcha o "maio troiteiro" a principios do mandato para rachar coa idea de que a Festa da Troita era unha celebración do centro urbano. Despois dun bo arranque e un espectacular crecemento no segundo ano, a plena consolidación está a chegar neste 2018.
Ao longo de todo o mes de maio visítanse un por un todos os núcleos que contan con Casa do Pobo e ata alí viaxan sempre concelleiros do goberno local que comparten mesa e mantel coa veciñanza.
Superado o ecuador desta edición, vendéronse xa unhas 1.000 racións de troita, o que supón máis de 500 quilos. A previsión ao longo do mes é pasar longamente das 1.500 racións e dos 750 quilos, o que quere dicir que xa se consume máis troita nas paradas polas parroquias que durante a fin de semana da festa propiamente dita, na última fin de semana deste mes.
Relacionadas:
-
A Festa da Troita remata o seu periplo polo rural de Ponte Caldelas con máis de 1.500 racións consumidas
Por Oskar Viéitez |
-
Nenos do Cordo Boullosa repoboan de troita o Verdugo
Por Redacción |
-
As degustacións previas á Festa da Troita comezan este domingo 29 en Anceu
Por Redacción |
-
As mulleres trunfan nos concursos de carteis e fotografía da Festa da Troita
Por Redacción |
-
Xa están os premios dos concursos da Festa da Troita
Por Redacción |