Marín xa ten cartos para reformar a Barriada de San Pedro
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova achega para o Concello de Marín, ao abeiro da liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2018.
Así, a vila recibirá 89.752,16 euros para a pavimentación dos accesos á Barriada de San Pedro.
Con esta cantidade, o Plan Concellos 2018 ten aportado a Marín 495.451 euros dos 1,7 millóns de euros que lle corresponden este ano, un 72,49% máis que en 2017.
Este mesmo ano a Deputación xa aprobou para Marín 389.447 euros para investimentos e 106.004 euros para a contratación de 16 persoas.