O PSOE reclama a Telmo Martín "que abandone a política local de forma definitiva
Por Oskar Viéitez
A secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Sanxenxo, Ainhoa Fervenza, dirixiu un escrito aos medios de comunicación no que analiza a xestión realizada por Telmo Martín en relación coa parcela da familia Rocafort na Rúa As Cunchas e que vai supoñer un desembolso millonario para as arcas municipais.
No seu escrito a responsable socialista fai súas as palabras do que tamén foi alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, de xuño do 2016, pedindo a Telmo Martín que renunciase á súa acta na oposición e "abandone a política local de forma definitiva", porque "o fallo deste caso no TSXG é consecuencia directa da súa xestión".
"No PSdeG- PSOE parécennos magníficas estas palabras, a única dúbida é porque lle fixo alcalde entón", afirma Ainhoa Fervenza que culpa a Martín de "non facer o correcto que tería sido pagar a expropiación á familia Rocafort en tempo e forma" e responsabilízalle do desembolso de 7 millóns de euros que agora terá que facer o Concello.
Relacionadas:
-
O BNG di que o bipartito de Sanxenxo recorre o pago á familia Rocafort para "gañar tempo ata as próximas eleccións"
Por Redacción |
-
Sanxenxo reclamará a propiedade dos terreos dos Rocafort
Por Redacción |
-
O goberno local de Sanxenxo acusa ao BNG de ser "profeta do catastrofismo"
Por Oskar Viéitez |
-
Condenan ao Concello de Sanxenxo a pagar máis de 7 millóns de euros por unha finca aos irmáns Rocafort
Por Oskar Viéitez |