Un xardín de bonsáis que xorde do reciclado de árbores e arbustos
Por Anxo Lourido
Ata este domingo 5 de maio, un xardín de bonsais agarda visitantes no Casino Mercantil de Pontevedra. Catro cultivadores de Pontevedra son os encargados de mostrar os seus traballos con estas pequenas árbores. Fernando Blanco, Eduardo Penedo, José Francisco Simón Varela e Pablo Cancela son os nomes destes afeccionados que levan anos dedicándose ao cultivo da natureza na súa versión minimalista.
Pablo Cancela recoñece que este mundo lle chamou a atención dende pequeno cando un libro de plantas chegou ás súas mans. "Me entró el gusanillo y ya en el instituto tuve mi primer arbolito", comenta. Pouco a pouco foi perfeccionando as técnicas de contacto "es como tener un perro o un gato. Hay que regarlos a diario y algún día concreto realizar poda o el trasplante". Agora ten ao redor de 200 bonsais e chancea: "vivo en las afueras y los tengo en el gallinero para que no entre el perro".
José Francisco Simón leva preto de dúas décadas cultivando árbores diminutas. Todo comezou "cuando me encontré con una revista en la consulta del médico de mis hijas en la que vi un reportaje sobre bonsáis". A reportaxe provocou tal efecto que agora ten preto de 400 no seu terreo entre plantóns e prebonsais.
Este axente da policía local foi reciclando as sebes eliminadas de San Francisco, arbustos de Curros Enríquez ou de José Malvar para traballalos con moita paciencia para ter unha colección da que se sente orgulloso. José Francisco Simón vai narrando como conseguiu algún dos 18 que mostra nesta exposición contando como os conseguiu cando estaban destinados ao lixo.
Este cultivador anima a todo aquel que queira comezar con esta afección a que manteñan os seus arbolitos lonxe da calefacción, preferiblemente fóra das vivendas e que, se acaba de adquirir un exemplar nun centro comercial, o transplante a unha maceta con terra de boa calidade. "Después requieren abonado, pinzado y el riego en verano".
Nesta exposición poden verse carballos, piñeiros, pradairos e así ata preto de trinta especies na súa versión de peto.