Deteñen un veciño de Marín con máis de 20 gramos de speed
Por Redacción
Un veciño de Marín, de 24 anos de idade, foi detido pola Garda Civil como presunto autor dun delito contra a saúde pública. Foi interceptado nun control policial en posesión de algo máis de 20 gramos de speed.
Os axentes, segundo informou o instituto armado, detivo ao mozo ás 20.45 horas do pasado martes nun punto de verificación de vehículos que estaban a realizar na rotonda da Portela na estrada PO-551, en Cangas.
Circulaba nunha motocicleta e cando se lle indicou que accedese á zona de rexistro, tratou de desfacerse dunha bolsa de plástico tirándoa á cuneta.
Ao comprobar o contido da bolsa, os axentes atoparon 21,39 gramos de speed, que foron incautados e postos a disposición xudicial.
O condutor da motocicleta, que recoñeceu ser o propietario da droga incautada, ten varios antecedentes por infraccións administrativas relacionadas coa tenencia e consumo de estupefacientes.
Foi detido por un presunto delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas, quedando en liberdade coa obrigación de comparecer ante a autoridade xudicial cando sexa requirido.
As dilixencias instruídas entregáronse no xulgado de instrución número 2 de Cangas.