Barro capturou 800 raíñas de velutina no último mes
Por Redacción
A loita contra a vespa velutina continúa en Barro a pleno rendemento. O goberno municipal informa que, desde o pasado mes de abril, xa se capturaron unhas 800 raíñas desta especie.
O traballo realizado polo Concello e a asociación Stop Velutina Umia permitiu ademais retirar unha ducia de niños primarios e, ao mesmo tempo, desenvolver estudos interesantes para comprobar o comportamento das avespas.
Así, deixaron un niño de velutina sen raíña e cunha trampa cerca e, pasadas dúas semanas, outra raíña continuou o traballo da anterior. Isto demostra, segundo os expertos, que os niños primarios os aproveitan e en cambio os secundarios non.
A asociación e o Concello seguirán traballando da man para seguir atentos tanto á proliferación de niños como á retirada dos mesmos. Tamén se colocaron trampas por sitios públicos do Concello para sensibilizar máis aínda a poboación e se repartiu líquido atraínte entre os veciños.
Este traballo seguirán a facelo con medios propios, tras rexeitar a sinatura dun convenio coa Xunta. En breve, avanzan, mercarán unha pértega e dous novos traxes.
Relacionadas:
-
Veciños de Barro sofren ataques de avespas velutinas
Por Redacción |
-
Entregan arpas eléctricas aos apicultores de Marín
Por Redacción |
-
Ofensiva de Marín contra a avespa velutina
Por Redacción |
-
Barro blíndase fronte á vespa velutina, que prolifera coa chegada do bo tempo
Por Redacción |
-
A asociación comarcal para a loita contra a velutina pon en marcha as primeiras accións
Por Redacción |