A provincia reciclou 15.000 toneladas de vidro en 2017
Por Redacción
Pontevedra aumentou nun 8% a cifra de reciclaxe de vidro durante o ano 2017, chegando case as 15.000 toneladas. Cada cidadán reciclou 60 envases, cunha media de 15,8 quilos por habitante, segundo os datos ofrecidos pola delegación da Xunta de Galicia.
Desta forma convértese na segunda provincia máis recicladora de Galicia, por detrás da Coruña. Con esta cifra evitouse a emisión de máis de 10.000 toneladas de CO2 á atmosfera, o equivalente para retirar 2.451 coches da circulación durante un ano.
O delegado da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís, visitaba este luns o Concello de Sanxenxo, que se converteu nun dos municipios coa mellor evolución en relación coa recollida selectiva. Sanxenxo duplica a media provincial, con 32,5 quilos por habitante. Estes datos "triplican os datos da cidade de Pontevedra e mesmo de Vigo", segundo o representante da Xunta.
En 2017 instaláronse 192 novos contedores. En total hai un contedor por cada 198 cidadáns, alcanzando as 4.761 unidades. Cores Tourís estivo acompañado polo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín e polo xerente de Ecovidrio, Germán Fernández.
O delegado da Xunta en Pontevedra indicou que a reciclaxe de vidro é un elemento crave na loita contra o cambio climático e engadiu que a hostalería é un sector vital para mellorar os resultados, ao ser o sector que xera un 50% dos envases de vidro dun só uso que se atopa no mercado.