Os ciclistas 'toman o mando' da cidade cunha nova pedadala popular
Ciclistas de todas as idades encheron este domingo as rúas de Pontevedra para participar na pedadala popular que, anualmente, organiza Pedaladas para promover o uso da bicicleta na cidade.
Un percorrido urbano duns seis quilómetros foi o escenario para unha xornada de convivencia sobre as dúas rodas, na súa maioría pais e nais cos seus fillos, que contou co aliciente dun asollado día e as agradables temperaturas da xornada.
Os participantes, tras saír da avenida Montero Ríos, pasaron por Riestra, Augusto González Besada, Praza de Galicia, Andrés Mellado, Peregrina, Avenida de Vigo e Germán Adrio, onde se produciu o primeiro reagrupamiento dos ciclistas.
A continuación, dirixíronse a Eduardo Pondal, Uxío Novoneira, Joaquín Costa, Travesía da Eiriña, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Cobián Roffignac, Cruz Vermella, Padre Gaite, Pontes dos Tirantes, Rafael Areses, Juan Manuel Pintos, Domingo Fontán, a Ponte das Correntes, Avenida de Uruguai, Galera, Arcebispo Malvar, Praza de España, de novo, Montero Ríos.
Na pedalada púidose ver bicicletas convencionais e tamén modelos adaptados a persoas con mobilidade reducida, reafirmando o carácter inclusivo e familiar do evento.
Como novidade, este ano a ruta atravesou un pequeno tramo en carril-bici para reivindicar que formen parte do modelo urbano de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Pedaladas contesta a Mosquera: "a medida de reducir a 5 km/h a velocidade das bicicletas mataría o seu uso na cidade"
Por Redacción |
-
Pedaladas contesta a Mosquera: "a medida de reducir a 5 km/h a velocidade das bicicletas mataría o seu uso na cidade"
Por Redacción |
-
Pontevedra limitará a 5 km/h a velocidade das bicicletas e skates por zonas peonís
Por Redacción |
-
O alumnado do instituto de Poio practica coas bicis polas estradas
Por Redacción |
-
Pontevedra celebra este domingo a familiar pedalada popular
-
Pedaladas organiza dúas saídas familiares en bicicleta
Por Oskar Viéitez |
-
O programa Ao InstienBici de Pedaladas segue a crecer
Por Redacción |