O PSOE pide a baixa de dous concelleiros do PP tras o rexeitamento á recuperación das Colonias de Covelo
Por Redacción
O Grupo socialista no Concello da Lama, liderado por Enrique Vaqueiro, reclama aos concelleiros José Sobral e José Fortes que tramiten a súa baixa como concelleiros do Partido Popular despois de que a agrupación conservadora rexeitase no Parlamento de Galicia a rehabilitación das antigas colonias de Covelo, de onde estes concelleiros son veciños.
Os socialistas, a través da deputada Patricia Vilán, presentaron unha proposta na que se solicitaba a rehabilitación das antigas Colonias Escolares na Lama, as coñecidas como Colonias de Covelo, ademais da nulidade da Orde ditada pola Xunta na que se declaraba extinta a Fundación creada por Manuel Barreiro Cabanelas para dotar de protección xurídica os 20.000 metros cadrados destas instalacións.
O PP votaba en contra da proposta, fronte á postura do PSOE, BNG e Marea que apoiaban a petición. Esta decisión derivou na petición da dimisión dos dous concelleiros populares na Lama.
Segundo os socialistas, o posicionamento do PP demostra que a Orde de extinción débese a unha decisión política e non a cuestións técnicas, como alegaba o delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís.
Ademais, lamentan o "pouco peso político do alcalde da Lama", Jorge Canda, que se manifestou a favor da rehabilitación das Colonias.
Relacionadas:
-
Piden unha reunión coa conselleira de Educación para abordar a extinción das colonias escolares de Covelo
Por Redacción |
-
Cidadáns pide ao Concello da Lama que cumpra co Pladiga e limpe a finca das Colonias de Covelo
Por Redacción |
-
Rexeitamento do PP no Parlamento a manter a fundación das colonias de Covelo
Por Redacción |
-
Alertan de que a extinción das Colonias Escolares supón unha perda de 50 empregos para A Lama
-
A Lama presenta un contencioso-administrativo contra a extinción do padroado de colonias escolares de Covelo
Por Redacción |