A CIG critica a estratexia de "divide e vencerás" na negociación laboral do Concello
Por Redacción
A división sindical na negociación da relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Pontevedra faise cada vez máis evidente. Despois de que CC.OO. e a asociación de funcionarios do Concello (Afumpo) quedasen sós no seu anuncio de mobilizacións, a central CIG saltou este xoves á palestra para criticar os "métodos de negociar" tanto do resto de sindicatos como do propio goberno local, ao que atribúen unha estratexia de "divide e vencerás".
A secretaria comarcal de CIG-Administración, Dina Porral, fixo público un comunicado para "deixar constancia" de que comparten co resto de organizacións sindicais as "inquietudes" polo rumbo que está a tomar a negociación, pero tan só no fondo, pois poñen en cuestión as "formas adoptadas para resolver os problemas".
Sobre os métodos de negociación, critican que o Concello e o resto de organizacións "gustan moito de reunións de despacho e por colectivos", unha fórmula que cren que significa "xogar ao divide e vencerás" e que "só beneficia aos colectivos con capacidade de presión".
En opinión do sindicato nacionalista, desta forma déixase fóra de calquera acordo aos grupos baixos e con poucos efectivos, xa que carecen de forza para adoptar medidas de presión.
Ante esta situación, piden ao Concello que sente "dunha vez por todas" a negociar unha RPT para todo o persoal municipal, independentemente do grupo de clasificación ao que pertenzan ou do vínculo laboral que teñan coa administración local e que se potencia unha nova relación de postos de traballo que cumpra a máxima de "igual traballo, igual salario".
Relacionadas:
-
A CIG discrepa coa negociación "por chiringuitos" que o goberno de Lores promove co persoal no Concello
Por Anxo Lourido |
-
Lores asegura que "non hai ningunha xustificación laboral para non chegar a un acordo neste concello"
-
Os funcionarios municipais, "cansos" ante a "dilación" da negociación co Concello
-
Funcionarios municipais piden ao concelleiro de Persoal que abandone a crispación e retome a negociación
Por Natalia Puga & Paula Sanmartín |
-
A xunta de persoal de funcionarios municipais pide a negociación do novo organigrama interno
Por Redacción |