Os populares denuncian a falta de planificacion deportiva do Concello de Poio
Por Oskar Viéitez
O PP de Poio denunciou a "falta de planificación" do goberno local en relación ás infraestruturas deportivas, que se traduce en que nestes momentos "non hai ningún campo en bo estado" e que a situación "vaise seguir repetindo nos próximos anos".
Recorda o concelleiro popular Tucho Muíños que o campo de fútbol da Reiboa "está impracticable pese aos máis de 40.000 euros que o goberno local tirou nunha chapuza".
Engaden que "agora queren botar 500.000 euros noutro, perdendo un campo de herba e se fan como ata agora en un par de anos volverá a estar igual", dixo en referencia ao campo da Seca.
Os populares reprochan a "falta de previsión e descoñecemento de como están as instalacións" e esixe ao alcalde Luciano Sobral que faga un esforzo de planificación "ou senón seguirán tirando o diñeiro e os campos nunca estarán en condicións".