Un enxame de abellas "desorientadas" provoca alarma na Praza do Hospital
Por Alejandro Espiño
A presenza dun numeroso enxame de abellas na terraza dunha cafetería situada na Praza do Hospital xerou un episodio de alarma entre os viandantes.
O suceso produciuse sobre as cinco desta tarde cando un enxame de abellas que, segundo os expertos estaba liderado por unha raíña "desorientada", pousou sobre un dos veladores da cafetería Mundial, situada enfronte do Hospital Provincial.
Foi necesario acordoar parte da praza para evitar que as abellas puidesen atacar ás persoas que se atopaban na zona.
Ata o lugar, segundo confirmaron fontes municipais, trasladáronse dous apicultores para proceder á retirada das abellas.
Ademais, tamén se mobilizou a unha ambulancia do 061, que afortunadamente non tivo que intervir, e a efectivos dos Bombeiros de Pontevedra e da Policía Local.
Preto de media hora despois as abellas, que eran de variedade común e non velutinas como se chegou a pensar nun principio, foron retiradas do seu improvisado niño e na rúa retomouse a normalidade.
Relacionadas:
-
Expectación ante a retirada dun enxame de abellas na praza da Verdura
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Unha veciña de Barro recibe asistencia médica ao ser picada por tres avespas velutinas
Por Redacción |
-
Entregan arpas eléctricas aos apicultores de Marín
Por Redacción |
-
Obxectivo: eliminar as raíñas da velutina
Por Redacción |
-
Trampas para as velutinas do río dos Gafos
Por Redacción |