Marín dá o pistoletazo de saída a varias obras no rural
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín deu o pistoletazo de saída a varias obras no rural. Segundo apuntan desde o goberno local, o plan de obras atende a aquelas zonas e lugares que se atopan en peor estado de conservación, tratando de priorizar os que peor se atopen e teñan un número de beneficiarios maior, para tratar de ter unha coherencia coas actuacións que se están practicando.
Ademais, o tempo seco destes días propiciou o avance nas obras de accesibilidade da contorna da piscina municipal.
Por outra banda, a asociación Virxe dos Remedios, en colaboración da Comunidade de Montes de San Xulián e o Concello de Marin, rehabilitou o parque infantil fronte á Casa de Cultura.
A obra consistiu en incorporar tres novos xogos homologados e o cambio do chan de area por material sintético apto para o goce dos nenos, ademais dun novo punto de luz. A aportacion que realizou a asociación foi de 6.780 euros.
Ademais, a petición da asociación de veciños, decidiuse instalar proximamente un banco e unha fonte dentro do parque.