Flashmob do colexio Sequelo polo Día da Educación Física
Por Redacción
Este mércores 25 de abril celébrase o Día da Educación Física na Rúa co obxectivo de promover as finalidades desta materia, tan necesaria no currículo escolar.
Con este motivo, o alumnado do colexio Sequelo de Marín conmemorou a xornada cun flashmob da canción "Party Rock Anthem" do dúo estadounidense LMFAO.
Foi unha actividade coordinada polas profesoras de Educación Física, que se celebrou no Parque Eguren de Marín. Completaron a coreografía con diversos xogos, que deron como resultado unha xornada distinta e moi animada.
Na organización deste flashmob colaboraron a Policia Local e a agrupación de Protección Civil.