O PSOE interésase polo funcionamento e xestión dos recursos da Casa Azul
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do PSdeG-PSOE vén de presentar unha batería de preguntas para interesarse polo funcionamento e xestión dos recursos da Casa Azul.
"Queremos que o señor alcalde nos explique que está a pasar coa Casa Azul e o uso que se lle está a dar a ese importante recurso. As novas que nos chegan son preocupantes" indicou o portavoz do PSOE Tino Fernández, tras presentar estas preguntas.
Con elas, pretenden que o goberno explique cuestións de funcionamento interno como os mecanismos de acceso aos locais habilitados na Casa Azul para as asociacións, os criterios de acceso a eses locais, o uso que se lle está a dar a determinados espazos ou as causas da supresión de certas propostas, entre outras.
Para PSOE a política social do concello "deixa moito que desexar dende que é xestionada polo BNG".
Os socialistas veñen denunciando unha "desleixo político absoluto, so paliado en parte pola profesionalidade das traballadoras, que intentan suplir como poden a falla de interese político do goberno".