Asfaltan o acceso á praia de Bascuas
Por Oskar Viéitez
O acceso á praia de Bascuas, debido ao tránsito soportado, á instalación dos servizos urbanos e, maioritariamente, á súa antigüidade, atopábase nun estado de considerable deterioración, coa capa de rodaxe gretada e con importantes roturas no pavimento. Por iso, o pasado mes de marzo anunciábase a mellora do acceso á zona e este mércores executábase a actuación.
Os traballos consisten na roza e limpeza de cunetas e marxes, a apertura dunha caixa para o ensanche da plataforma e posterior regularización do firme, logo estenderase zahorra e aplicarase unha capa de rodaxe en quente.
O orzamento para acometer os aproximadamente 400 metros de obra foi de 53.100 euros, financiados con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
Para poder levala a cabo foi necesario solicitar autorizacións sectoriais ao Servizo de Urbanismo dependente da Xunta de Galicia, a Augas de Galicia e ao Instituto de Estudos do Territorio.