Denuncian a poda dunha camelia no cemiterio de Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis mostrou o seu malestar pola poda dunha camelia no interior do cemiterio municipal.
Trátase, asegura, dunha actuación levada a cabo hai uns días por un particular "pola súa conta".
O exemplar "foi deixado nun estado lamentable", denuncia o goberno local.
Por ese motivo o alcalde, Manuel Campos, solicitou á Policía Local que investigue os feitos, ademais de solicitar a colaboración cidadá para tentar dar co responsable.