O Banco de Alimentos recibiu esta fin de semana máis de 4.000 quilos de comida
Por Redacción
A Fundación Provincial Banco de Alimentos recibiu esta fin de semana máis de 4.000 quilos de comida da campaña de "O Zampakilos Solidario" desenvolvida en Pontevedra, Vilagarcía, Marín e Lalín.
Uns 70 voluntarios das devanditas localidades participaron nesta recollida de alimentos, impulsada por segundo ano consecutivo por Vegalsa-Eroski.
Grazas ás doazóns achegadas pola cidadanía, o Banco de Alimentos recuperará o stock de produtos básicos do seu almacén de Faustino Santalices, co que, poderá seguir axudando ás preto de 5.000 persoas con dificultades en Pontevedra cidade e a súa comarca.
Os beneficiarios desta axuda residen en Pontevedra cidade, así como noutras localidades como Arcade, Lalín, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Caldas de Reis, Sanxenxo ou Vilagarcía.
Na actualidade, o Banco de Alimentos en Pontevedra axuda con alimentos diarios ao comedor social de San Vicente de Paúl en Marín, o convento de San Francisco en Pontevedra e o albergue de San Javier de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O Banco de Alimentos recolle 6.000 quilos de comida no #MayoSolidario
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos mobilizará a un centenar de voluntarios en Pontevedra e Vilagarcía noutra acción solidaria
Por Oskar Viéitez |
-
O Banco de Alimentos en Pontevedra recada 16.000 quilos de comida na súa primeira Operación Quilo de 2018
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos repartiu comida a 4.800 pontevedreses con dificultades en 2017
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos cifra en 120 toneladas o balance da Gran Recollida Solidaria
Por Redacción |