Máis de 3.000 motos volven ruxir en Ponte Caldelas
Por Redacción
O centro de Ponte Caldelas escoitou ruxir este sábado máis de 3.000 motos que acudiron á cuarta edición da concentración moteira do municipio, organizada polo Concello e o Motoclub de Redondela.
Á cita volveron asistir, como nas tres edicións anteriores, moteiros de toda Galicia e tamén unha ampla representación doutras comunidades autónomas e de Portugal.
A xuntanza celebrouse este ano, como novidade, no paseo da praia da Calzada, que estivo completamente repleto de vehículos de dúas rodas.
A actividade comezou ás 15.00 horas e ás 17.00 horas saíu unha ruta que percorreu as estradas dos veciños concellos de A Lama, Fornelos e Cerdedo-Cotobade.
As motos continuaron chegando a Ponte Caldelas ata pasadas as 20 horas, pois a contorna da Calzada acolleu diversas actividades, entre elas dous pases do campión de acrobacias en quad Dani Pérez.
O alcalde, Andrés Díaz, recibiu un agasallo por parte do club organizador e agradeceu a asistencia de todos os moteiros a Ponte Caldelas.
Relacionadas:
-
A Concentración Moteira de Ponte Caldelas consolídase na súa quinta edición
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas ten "ganas de moto"
Por Almu Dapena |
-
Concentración de motoristas para denunciar o "abuso recaudatorio" de Tráfico
Por Diego Torrado & Redacción |
-
3.000 motoristas invadirán Ponte Caldelas este sábado
Por Redacción |
-
As motos regresarán a Ponte Caldelas en abril
Por Redacción |