O parque Rosalía de Castro énchese de vida... e de Saltóns
Por Redacción & Diego Torrado
O Club Saltóns logrou este sábado o obxectivo co que naceu, aproveitar os espazos verdes existentes na cidade como espazo natural de xogos para nenos. A actividade organizada por este programa municipal encheu o parque Rosalía de Castro coas risas e diversión de varias decenas de nenos.
Os pequenos participantes, de idades comprendidas entre 5 e 12 anos, gozaron das actividades 'Afíliate ao noso Club!: Crea o teu carné de socixs', 'Queres ser unha cara Saltón?', 'Calcomaníate!' e dos obradoiros de teatro e circo 'Nas beiras do Lérez' e 'Saltóns equilibristas!'.
Un total de 40 participantes, os primeiros en inscribirse, tiveron merenda de balde e todos puideron gozar das actividades vencelladas coa arte, a actividade física e os xogos de natureza organizadas polo Club.
Este novidoso programa de dinamización de parques e xardíns promovido pola Concellería de Medio Natural do Concello de Pontevedra chegaba este sábado á súa segunda cita cos máis pequenos. Nas primeiras sesións da pasada Semana Santa creouse canción e o vídeo que agora serve para promocionar o programa, e que contou coa colaobración do Estudo Bonobo e Martina Dadá.