Dous menores e un adulto feridos nunha colisión entre dous turismos en Caldas
Por Redacción
Tres persoas resultaron feridas este sábado nun accidente de tráfico rexistrado na estrada N-550 ao seu paso por Caldas de Reis, en concreto, á altura de lugar da Lavandeira.
Segundo informou Protección Civil de Caldas, o sinistro consistiu nunha colisión frontolateral entre dous vehículos e rexistrouse sobre as 13.15 horas deste sábado.
Os tres feridos eran dous menores e un adulto que foron trasladados, segundo o 112, ao hospital Quirón Salud Miguel Domínguez de Pontevedra para ser atendidos polas lesións sufridas.
Segundo a información oficial facilitada polo Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, un dos vehículos implicados invadiu o carril contrario na N-550 e chocou co outro turismo accidentado.
O CIAE 112 puxo a situación en coñecemento do 061- Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e a Policía Local de Caldas e dos Bombeiros de Vilagarcía.