Quince empresas queren acometer as obras mellora da estrada entre Serrapio e Vichocuntín
Por Redacción
Un total de 15 empresas presentaron ofertas porque están interesadas en acometer a execución das obras de construción do alargamento e mellora da estrada PO-230 entre os núcleos de Serrapio e Vichocuntín, no concello de Cerdedo-Cotobade.
A actuación supón un investimento de máis de 609.000 euros e ten por finalidade mellorar a seguridade viaria do treito, segundo sinala a Xunta de Galicia, administración responsable da obra.
Para acometer a obra será precisa a expropiación de 26 fincas entre os puntos quilométricos 12+650 e 14+430 da estrada autonómica que conecta Campo Lameiro e Vichocuntín.
O proxecto consiste no ensanche e mellora da estrada e afecta a un treito de 1,8 quilómetros, desde o núcleo de Serrapio ata o punto final da estrada, na intersección coa Nacional 541, en Vichocuntín.
As obras previstas comprenden a ampliación da calzada ata acadar un ancho de sete metros (actualmente ten entre 5 e 5,5 metros) e a rectificación de varias curvas para mellorar o trazado da estrada. Actuarase tamén na drenaxe da plataforma, prevendo o tendido e revestimento das gavias de seguridade.
Así mesmo, está previsto construír muros de contención nos puntos necesarios e renovar a sinalización horizontal, vertical e de balizamento.
Relacionadas:
-
Cubela pedirá á Xunta que a mellora da PO-230 chegue ata Campo Lameiro
Por Redacción |
-
A Xunta comeza co ensanchamento da PO-230 entre Serrapio e Vichocuntín
Por Redacción |
-
Aprobado o proxecto de mellora da estrada PO-230 entre Serrapio e Vichocuntín
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade repasa con Feijóo os proxectos da Xunta no municipio
Por Redacción |
-
A Xunta compromete máis de 5,5 millóns de investimento para sete actuacións en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |