Arde un transformador no baixo dun edificio da rúa Xeneral Rubín
Por Redacción
Os bombeiros de Pontevedra extinguiron este xoves o incendio dun transformador situado no soto dunha das vivendas militares da rúa Xeneral Rubín.
O suceso tivo lugar sobre as dúas da tarde e provocou unha gran fumareda.
Non se rexistraron danos persoais.
O transformador quedou calcinado provocando un corte na subministración eléctrica que afectou a uns 2.200 abonados da empresa Gas Natural-Fenosa.