O Seprona investiga unha vertedura no parque empresarial de Nantes
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo informou da aparición dunha vertedura no parque empresarial de Nantes.
Ata o lugar achegáronse axentes da Policía Local e tamén varios concelleiros interesados polo alcance deste suceso.
A vertedura foi denunciada ante o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (Seprona) que investiga a súa procedencia.
Esta gran mancha branca foi localizada na noite do mércores ao xoves.
O goberno local convocou un concurso para adxudicar a limpeza de todo este recinto empresarial, incluíndo viarios, beirarrúas e as zonas verdes públicas dese espazo. A actuación ten un orzamento de máis de 42.000 euros.
Relacionadas:
-
O Seprona investigou 151 delitos contra o medio ambiente na provincia durante o 2017
Por Redacción |
-
Sanxenxo denunciará por desobediencia ao propietario dunha nave precintada pola Policía Local
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo paralizará a actividade da empresa responsable dunha vertedura
Por Oskar Viéitez |