O Grove inicia os trámites para contratar 21 persoas
Por Redacción
O Concello de O Grove vén de iniciar os trámites para a contratación de 21 persoas para incorporar ao seu cadro de traballadores municipais.
Son contratos que se farán coa achega de 180.401 euros que aprobou a Deputación de Pontevedra dentro da liña 3 do Plan Concellos.
Todos eles, segundo o goberno municipal, realizarán obras e servizos de interese social.
As prazas que se convocan son a xornada completa e por períodos máximos de seis meses.
O Grove contratará dez peóns de obras públicas, tres condutores, dous peóns forestais, dous peóns de xardinería, dous auxiliares de turismo, un carpinteiro e un auxiliar administrativo.
Os diversos procesos de selección realizaranse a través da oficina de emprego de Cambados atendendo ás características de cada unha das prazas ofertadas.