Incendio urbano de madrugada en Cambados na rúa Novedades
Por Redacción
Pasadas as 6.30 horas deste mércores 18 declarábase un incendio urbano na Rúa Novidades, segundo a información facilitada por Protección Civil de Cambados. A propietaria da vivenda logrou abandonar a casa polo seu propio pé.
Os servizos de emerxencia procederon á extinción do incendio e á ventilación da vivenda abrindo as xanelas. O lume iniciouse no aparato eléctrico dun cuarto de baño da vivenda e estendeuse pola porta e por outros obxectos da vivenda.
Unha ambulancia do 061 atendía á dona da vivenda que rechazaba a asistencia sanitaria. O inquilino do terceiro piso tivo que permanecer na vivenda mentres se extinguía o lume. O intenso fume foi acumulándose nas escaleiras. Unha vez apagadas as chamas e ventilado o interior, o veciño puido baixar á rúa.
Ninguén resultou ferido, xa que a maioría dos veciños do inmoble abandonaran as vivendas en canto percibiron o lume, segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias do 112.
Na intervención participaron ademais de Protección Civil de Cambados; axentes da Garda Civil, que foron os encargados de alertar ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias; Policía Local; unha ambulancia do 061 e os bombeiros do Parque do Salnés.