Os riscos da internet e dos xogos online, analizados entre os escolares
Por Redacción
Este martes iniciábanse no colexio de Santa Lucía de Moraña os obradoiros nos que se analizan os riscos da internet e os xogos online. Trátase dunha iniciativa do proxecto de prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas dos concellos de Barro, Cuntis, Moraña e Portas.
Os estudantes de segundo de ESO dos catro concellos recibirán explicacións por parte de Patricia Gómez, psicóloga da Universidade de Santiago de Compostela especializada no abuso das novas tecnoloxías na mocidade.
Ao longo dos próximos 20 días, as charlas desenvolveranse no CPI Domingo Fontán de Portas, CPI Aurelio Marcelino de Cuntis e no IES de Barro.
Con este programa quérese informar e concienciar á mocidade sobre os riscos das novas tecnoloxías. A idea é promover un uso positivo e saudable que reduza o abuso e a dependencia dos formatos online.