Os comuneiros de Curro organizan a gala solidaria "Música por Alimentos"
Por Redacción
A comunidade de montes de Curro, xunto a Salnés Espectáculos, organizan a sexta edición da gala solidaria "Música por Alimentos" en favor da Fundación Amigos de Galicia.
Miguel Maquieira, da comunidade de montes de Curro, espera que a afluencia sexa moi alta e agradeceu a colaboración das orquestras Panorama, La Ola ADN, e Jerusalén.
O cantante da orquestra Panorama, Lito Garrido afirmou estar "moi contento de poder colaborar con Fundación Amigos de Galicia e coa súa causa". A súa orquestra presentará o seu novo espectáculo enmarcado na xira Deluxe Tour.
O recadado durante a gala, a Fundación Amigos de Galicia destinarao ás familias en situación de carencia económica que atende na comarca de Pontevedra, asegurou Noelia Romero, portavoz da Fundación Amigos de Galicia. No ano 2017, recadáronse 1.572 quilos de alimentos, e tanto desde a entidade como desde a organización, espérase superar a cantidade.
Todos os asistentes participarán voluntariamente cun quilo ou un litro dun alimento non perecedoiro, agradecendo especialmente produtos como o leite, cereais de almorzo ou alimentación infantil. Desde a entidade agradeceríase tamén a entrega de produtos sen glute para atender a menores celíacos ou con outras necesidades especiais de alimentación.
A gala comezará a partir das 16:30 cun festa para os máis pequenos que correrá a cargo de Infantilandia. A partir das 17:30 horas comezarán as orquestras.