Multitudinaria concentración veciñal en Cuntis para esixir unha atención sanitaria digna
Por Redacción
Máis de trescentas persoas concentráronse este mediodía en Cuntis en defensa dunha atención sanitaria digna no centro de saúde da vila.
A resposta cidadá foi importante, a pesar da hora da convocatoria -as 13.00 horas-, e participaron os portavoces de todos os grupos da corporación municipal e tamén o deputado do PSdeG-PSOE no Parlamento galego, Julio Torrado.
O alcalde, Manuel Campos, agradeceu a participación dos veciños nesta concentración e garantiu que a vila seguirá a defender ante Sanidade unha atención de calidade, a pesar de que ata o de agora teña feito "oídos xordos" a esta reivindicación.
A situación, engadiu o alcalde, é xa "insostible" e a atención sanitaria en Cuntis é "moi mala".
Os veciños advertiron que seguirán mobilizándose ata que se escoiten as súas demandas.
Relacionadas:
-
Queixa da corporación cuntiense pola falta de resposta do conselleiro de Sanidade
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis convoca unha concentración para protestar pola "mala asistencia sanitaria" no centro de saúde
Por Oskar Viéitez |
-
O Sergas asegura que a ausencia de médico en Cuntis do luns foi un "caso puntual" de hora e media
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello de Cuntis esixe ao Sergas que cubra as baixas médicas do centro de saúde
Por Oskar Viéitez |