A Xunta renova a colaboración coa Asociación Esperanza Salnés
Por Redacción
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, renovou este luns a colaboración do goberno galego coa Asociación Esperanza Salnés para o desenvolvemento de actividades de Atención Terapéutica de Nenos con discapacidade física ou intelectual.
A Asociación Esperanza Salnés conta cunha unidade de atención no concello de Cambados que presta asistencia a menores de toda a comarca do Salnés, e ten entre os seus obxectivos mellorar a calidade de vida dos nenos e mozos de entre 2 e 18 anos que padezan algunha discapacidade física, intelectual, sensorial, parálise cerebral ou patoloxías afíns, incidindo especialmente no eido asistencial e favorecendo a súa integración familiar, social e laboral.
O goberno galego colabora novamente cun orzamento de 15.000 euros para levar a cabo programas de intervención terapéutica para acadar solucións efectivas tanto aos menores con estas necesidades como aos seus núcleos familiares e ao seu entorno social, redundando nunha mellor prestación de servizos a toda a cidadanía desta comarca.
A día de hoxe esta entidade de ámbito comarca atende a 18 usuarios.