Culto á cacheira en Forzáns
Por Redacción
O Centro Sociocultural de Forzáns puxo o cartel de completo para celebrar a XII Festa da Cacheira, organizada pola Asociación Cultural O Torreiro.
Ademais da cacheira, o cocido servido e preparado polos socios e socias da asociación estivo acompañado de carne de tenreira de primeira calidade, costela de porco, xamón, touciño, chourizos, patacas, verdura e os típicos 'petotes'.
Este ano a celebración coincidiu co sétimo aniversario da inauguración do novo edificio do Centro Sociocultural de Forzáns.
Ao xantar popular asistiron membros dos diferentes partidos da corporación local, como o alcalde, Andrés Díaz, o tenente de alcalde, Lito Muíños, o concelleiro Manolo Barreiro e varios membros do BNG, así como o presidente da xestora do PP local, Francisco Reguera, os edís populares Ricardo Castro, Inés Sánchez e Elsa Ares, o portavoz de En Marea, Roi Márquez, e compañeiros da súa formación.
Despois da sobremesa e o café, os asistentes gozaron dunha sesión de baile amenizada por un grupo de gaiteiros e acordeonista.