Sanxenxo adxudica as obras pendentes no parque empresarial de Nantes
Por Redacción
Un aforro de case 106.000 euros. É o que logrou o Concello de Sanxenxo no proceso de licitación das obras pendentes no parque empresarial de Nantes.
As cinco actuacións foron adxudicadas por un importe de 262.000 euros, mentres que no informe técnico facilitado aos propietarios estaban cifradas en máis de 367.000 euros.
En consecuencia, os propietarios do parque terán que poñer menos diñeiro do previsto inicialmente. O goberno tampouco descarta que se poidan producir novos aforros con respecto aos 638.000 euros, a maiores do diñeiro do aval, que contempla o acordo entre propietarios e o Concello.
Así, a empresa Viasalnés farase cargo do servizo de limpeza de viarias, beirarrúas e zonas verdes do parque empresarial por 34.249 euros e a reparación de viarias, beirarrúas e senda peonil da zona verde farao COVSA por 71.953 euros.
As reparacións na rede de abastecemento de augas residuais, pluviais e abastecemento de auga foi adxudicado á empresa Espina y Delfín por un importe de 119.373 euros, a reposición da iluminación farao Setga por 4.859 euros e a reposición da sinalización horizontal e vertical será executado pola empresa Acad viaria por 31.244 euros.
Haberá un prazo de catro meses, ata o 22 de xuño, para a execución das obras que se adxudicaron. Posteriormente, dispoñerase de dous meses máis para que o Concello formalice a entrega do parque aos seus propietarios.
Relacionadas:
-
O Concello licita as obras necesarias para a posta en marcha do parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
Catro empresarios recorren a decisión da asemblea de propietarios do polígono de Nantes
Por Redacción |
-
Satisfacción en Sanxenxo ao aprobar os propietarios do polígono de Nantes a folla de ruta proposta
Por Oskar Viéitez |