Os resultados do CHOP "son los mejores de los grandes hospitales de Galicia"
Por Oskar Viéitez
O Complexo Hospitalario de Pontevedra mantén no primeiro trimestre deste ano "unha axeitada xestión" das súas demoras na procura "dunha constante mellora asistencial integrada", segundo revelou este luns en Pontevedra o xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, José Manuel González, que fixo balance das cifras de actividade asistencial acadadas no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) nos primeiros meses de 2013.
"Globalmente los resultados del Hospital de Pontevedra son los mejores de los grandes hospitales de Galicia", fachendeou o Xerente, orgulloso de que o CHOP "está cumpliendo los objetivos de la Consellería".
No transcurso da súa intervención, José Manuel González sinalou que "hemos aumentado de manera importante la eficiencia y la colaboración con las Áreas de Primaria y del Hospital de O Salnés".
González Álvarez destacou que o Complexo Hospitalario de Pontevedra xa supera, a 31 de marzo de 2013, os principais obxectivos fixados pola Consellería para o ano 2013, cun rendemento cirúrxico do 76,2% e o funcionamento das vías rápidas de atención ao cancro de mama, colo-rectal, de pulmón e de vexiga, que permiten atender ao paciente con sospeita de padecer estas patoloxías en menos de 15 días.
DATOS DE ACTIVIDADE CIRÿRXICA
Os novos datos de actividade tamén revelan que nos primeiros meses do ano realizáronse un total de 3.834 intervencións cirúrxicas, superando as 3.783 realizadas no primeiro trimestre do pasado ano 2012. O incremento aínda foi superior no que respecta ás intervencións mediante cirurxía maior ambulatoria, que non precisa ingreso, con 1.666 realizadas no que va de 2013, fronte ás 1.463 do mesmo período do ano anterior .
Así mesmo, o hospital pontevedrés aumentou a súa cifra de ingresos, acadando os 5.995 (148 máis que os atendidos no mesmo período de 2012), á vez que diminuíu a estadía media dos pacientes, que pasa dos 7,60 aos 7,13 días.
A 31 de marzo de 2013, a espera media cirúrxica para pacientes en Prioridade 1 é inferior a 10 días, de novo supérase o compromiso da Consellería de atender aos pacientes máis graves -con patoloxías de Prioridade 1- en menos de 30 días. Así mesmo, a espera media cirúrxica no Complexo Hospitalario de Pontevedra atópase no primeiro trimestre de 2013 nos 35,2 días, diminuíndo o número de pacientes que esperan unha intervención cirúrxica en 234 con respecto ao ano anterior.
En 2012 realizáronse no Complexo Hospitalario de Pontevedra 103.678, cunha media de 1.787 consultas ao día, das que case 500 foros novas consultas. A demora media para unha primeira consulta situouse a 31 de marzo en 23,8 días, cun pequeno incremento respecto ao mesmo período do ano anterior, debido á coincidencia en 2013 da Semana Santa neste primeiro trimestre.
As urxencias continúan reflectindo unha tendencia á baixa, con 21.480 urxencias atendidas no primeiro trimestre deste ano, 1.117 menos que no mesmo período de 2012.
OBXECTIVOS PRIORITARIOS
Os obxectivos prioritarios da consellería de Sanidade para o ano 2013, xa se alcanzaron no Complexo Hospitalario de Pontevedra nos tres primeiros meses do ano.
O CHOP acadou un rendimento cirúrxico do 76,2%; cando o obxectivo da consellería é do 75%. O funcionamento de catro vías rápidas de asistencia aos cancros de mama, colo-rectal, pulmón e vexiga, todas elas garantindo a asistencia en menos de quince días, mentras está xa en fase de implantación a vía rápida de cancro de colo (otorrinolaringoloxía).
En farmacia a utilización máis eficiente dos recursos humanos e económicos, permitíu acadar nos dous primeiros meses de 2013, na área integrada de Pontevedra e Salnés, un aforro de máis de dos millóns de euros no gasto farmacéutico, un 11% menos que no mesmo período do ano anterior. A porcentaxe de utilización de medicamentos xenéricos ascendeu ao 39,6 %, fronte ao 33,8% do ano anterior.
Relacionadas:
-
Pontevedra e O Salnés consolídanse como a área sanitaria galega con menos listas de espera
Por Redacción |
-
José Manuel González: "40 anos son bastantes para un hospital. Montecelo estase achegando ao límite da súa capacidade"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Os hospitais de Pontevedra rescatan a Vigo ao dispararse a súa lista de espera
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
As listas de espera do CHOP son as máis baixas de Galicia por segundo trimestre consecutivo
Por Natalia Puga |