Pontevedra acolle unha exposición sobre a "Misión: Líbano"
A Subdelegación de Defensa de Pontevedra acollerá durante os días 13 e 20 de abril unha exposición acerca do labor militar española na fronteira do Líbano.
A exposición, baixo título "Misión: Líbano" presenta un conxunto de 37 instantáneas e 3 litografías que retratan as operacións dos militares durante a operación Libre Hidalgo, onde faleceron 15 activos españois.
Ao acto de inauguración, celebrado este viernes 13 de abril ás 12.00 horas asistiron Ana María Ortiz, subdelegada do goberno de Pontevedra e o subdelegado de Defensa en Pontevedra, Ángel de Miguel, que presidiu a exposición aos asistentes.
A operación Libre Hidalgo consiste na vixilancia da liña de separación entre Líbano e Israel co fin pacificador de disuadir os conflitos bélicos da zona. O traballo gráfico que ofrece a exposición describe labores cotiáns dos activos da zona xunto a diferentes logros dos militares españois.
O horario de visita será de 09:00 a 14:00 horas no salón de reunións da Subdelegación de Defensa, situada fronte a Alameda de Pontevedra.