As primeiras rutas de marisqueo quedan adiadas para maio polo mal tempo
Por Redacción
A Deputación Provincial decidiu aprazar para o 19 e 20 de maio as primeiras rutas gratuítas de 'Marisqueo nas Rías Baixas', que se organizaron para este fin de semana do 14 e 15 de abril en Carril. O motivo do adiamento atópase no mal tempo.
Desde a institución provincial sinalan que as persoas que solicitaron praza para participar nestas xornadas e desexen realizalas en maio teñen garantida a praza. Abrirase, en todo caso, unha nova convocatoria durante o próximo mes de maio para completar as vacantes que poidan producirse con motivo deste adiamento.
Polo momento, as rutas previstas para a última fin de semana de abril mantéñense. Aquelas persoas que queiran participar poderán realizar a inscrición para partir do 16 de abril mediante o correo medioambiente@depo.es. As prazas limítanse a 25 persoas por ruta.