A guía de "mobilidade amable" da Deputación aspira a converterse nun referente mundial
"O documento máis completo que e máis elaborado que existe na actualidade en todo o mundo". Así presentou este xoves o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, ante os medios de comunicación a guía de mobilidade amable dos espazos públicos.
Este manual técnico cobre unha necesidade existente, xa que non existía unha guía actualizada na que se recollese as condicións que deben cumprir as obras públicas para adaptarse á filosofía de seguridade viaria e mobilidade sustentable no espazo público.
Propostas peonís, prioridades e recomendacións no deseño urbano, recomendacións para o fomento da mobilidade, características técnicas dos "lombos" e outros modelos de reductores de velocidade, e entre outras aspectos que recolle este manual.
Esta guia foi elaborada polo prestixioso enxeñeiro Fernando Nebot Beltran e aspira a converterse nun referente a nivel mundial na reordenación das cidades a nivel urbanístico.
É un traballo froito dunha colaboración activa dun amplo equipo de profesionais nesta materia, con comentarios e suxestións, críticas e solucións, achega de documentos e experiencias.
É un gran "documento propositivo" que está "fertilizado pola experiencia", dirixido fundamentalmente a profesionais da enxeñería e que está chamado a ter unha "transcendencia práctica e administrativa".
Recolle toda a bibliografía existente no mundo e tamén "as mellores experiencias", entre elas a da cidade de Pontevedra.
O documento será presentado nunhas xornadas no mes de maio.
Relacionadas:
-
O PP pide á Deputación que escoite as queixas dos técnicos de ambulancias sobre os lombos
Por Oskar Viéitez |
-
Unha guía para "que la calle no acabe siendo un territorio donde el automóvil marque sus leyes"
Por Oskar Viéitez & Paula Sanmartín |
-
Xornada técnica para presentar a Guía de Espazos Públicos e Mobilidade Amable
Por Oskar Viéitez |