Cotobade monta un banco de roupa de segunda man
Por Oskar Viéitez
O Concello de Cotobade deu os primeiros pasos para a creación dun banco de roupa usada destinada ás familias necesitadas do municipio.
O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, ha dictado un bando no que establece un prazo para a presentación de solicitudes para beneficiarse desta iniciativa.
Poderanse acoller a este banco de roupa todas aquelas familias que estean empadronadas no municipio, que carezan de ingresos económicos suficientes.
As solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello acompañadas da seguinte documentación: Fotocopia do DNI, certificado de convivencia, justificantes de ingresos de todos os integrantes da unidade familiar, e justificante do pago de aluguer ou hipoteca.