Comeza a fase máis intensa da vendima na D.O. Rías Baixas
Por Diego Espiño
Entre 15 e 20 millóns de quilos de uva espéranse recolectar durante a vendima. Unhas previsións menores ás da pasada campaña, que se achegou aos 42 millóns, cifra récord na D.O. Rías Baixas.
Con todo, no sector aseguran que a colleita será de gran calidade debido á climatoloxía fresca do mes de agosto e ó calor dos primeiros 15 días de setembro, que fixeron que a maduración fose lenta e progresiva nun principio e só se acelerase na última fase.
A vendima, que ocupa aproximadamente a 5.000 persoas na Denominación de Orixe, máis da metade só no Salnés, xa comezou a pasada semana nalgunhas bodegas, pero as choivas dos últimos días obrigaron a paralizar os traballos.
En Pazo Baión, propiedade de Condes de Albarei, recolleitáronse 20.000 quilos de uva nos dous primeiros días de traballo dos 100.000 que estiman poderán vendimar esta tempada.