A Escola de Canteiros esixe a Educación a homologación dos títulos dos seus alumnos
Por David Arana & Paula Sanmartín
A Escola de Canteiros de Pontevedra busca a homologación dos títulos expedidos no centro, que na actualidade non están recoñecidos oficialmente pola Consellería de Educación da Xunta.
Para iso, a través do sindicato Comisións Obreiras (CCOO), a escola solicitou a reunión coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e co conselleiro de Educación Román Rodríguez para avanzar nesta materia.
A Deputación realizou un aumento no orzamento da escola de 730.000 a máis de 900.000 euros, un paso fundamental para conseguir o recoñecemento deste título, segundo palabras de José Ramón Piñeiro, secretario da Unión Comarcal de Pontevedra de CCOO.
Tamén se efectuou unha inxección de orzamento de máis de 400.000 euros para o acondicionamento das instalacións da escola acorde coas esixencias de homologación e en materia de accesibilidade para alumnos con discapacidades.
Para o recoñecemento do título a nivel de Formación Profesional esixiuse que os profesores realicen un curso para acreditarlles a este nivel de ensino, co que catro deles xa contan. Ademais planeouse a mellora dos contratos dos docentes a xornada completa a partir do ano 2019.
A Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra conta actualmente con 25 alumnos repartidos en dúas quendas, 11 no de día e 14 no de noite. Os números foron descendendo cos anos, pero espérase que repunten tras o recoñecemento do título, ao tratarse da única Escola de Cantería de toda Galicia.
Relacionadas:
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Por unha 'estornela' dos 'arxinas' homologada
Por Marisa Ciordia |
-
A Escola de Cantería de Poio morre por falta de homologación: 11 alumnos e un millón de euros de gastos anuais
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A Deputación realizará obras na Escola de Cantería para tentar lograr a homologación do título
Por Redacción |
-
A Deputación promocionará a formación impartida na Escola de Cantería
Por Redacción |
-
Aberto o proceso de preinscrición para matricularse na Escola de Cantería de Poio
Por Redacción |
-
Carmela Silva reclama que a rehabilitación do patrimonio histórico só a fagan persoas tituladas
Por Redacción |