Denuncian actos vandálicos en marquesiñas do municipio
Por Redacción
Durante a madrugada deste martes, rexistráronse varios actos vandálicos no municipio de Marín, segundo informan desde o goberno local deste Concello.
Descoñecidos romperon os cristais e causaron diversas desfeitas nas marquesiñas das paradas de autobuses en Santo Tomé de Piñeiro, Ardán e A Bouza (San Xulián).
Ao mesmo tempo, téntase localizar ao camión que impactou contra un colector de vidro situado na entrada de Marín. Segundo a información do Concello, no accidente só se produciron danos neste depósito.