Cruzan ramas na estrada de Vilagarcía para atracar a un condutor
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Policía Nacional detivo un mozo de 20 anos de idade, veciño de Poio, con antecedentes policiais, como presunto autor dun roubo con intimidación.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría provincial, os feitos sucederon sobre as 11.00 horas cando a vítima circulaba no seu vehículo pola estrada de Vilagarcía e atopouse de súpeto cunhas ramas que obstaculizaban a vía polo que tivo que parar para retiralas.
Nese momento apareceron tres individuos que lle rodearon e un deles díxolle: "dame todo, ¿o quieres que te matemos?" e comezou a propinarlle patadas e puñadas tras tiralo ao chan e arrincoulle a cadea de ouro.
Posteriormente abriu a porta do vehículo e subtraeulle o teléfono móbil do interior dunha riñonera.
No transcurso da investigación policial os axentes detiveron a un individuo o día 6 de abril por un delito de roubo con intimidación.
Non é a primeira vez que este mozo é detido por feitos similares. Segundo fontes policiais o pasado ano foi arrestado pola súa relación co atraco a un repartidor que acudiu ao Vao con cinco pizzas e, tras ameazarlle cun coitelo, roubáronllas xunto co cambio e o móbil.