Ferida unha condutora ao envorcar co seu vehículo en Noalla
Por Oskar Viéitez
Unha condutora resultou ferida á primeira hora deste luns tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo o accidente produciuse na vía rápida en VG 4.1 á altura do cemiterio de Noalla.
A muller foi trasladada a un centro sanitario polo 061. Era a única ocupante do vehículo.
Segundo informou o 112, o accidente ocorreu pasados uns minutos das 07:30 horas desta mañá.
Ata o lugar, desprazáronse de inmediato ademais do persoal sanitario, os membros De Emerxencias Sanxenxo, que nada máis chegar ao momento, tras recibir o aviso do 112 Galicia, liberaron á muller. Así mesmo, tamén os Bombeiros de Ribadumia prestaron a súa colaboración nas tarefas de excarceración. Segundo o seu relato, foi necesario retirar unha das portas do turismo para evacuar á ferida. Tamén foi requirida a intervención do persoal de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.
Unha vez liberada, persoal das 061- Urxencias Sanitarias trasladou á muller nunha ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.
TRES FERIDOS EN MARÍN
Sobre as 23:15 horas do domingo, varios particulares alertaban ao 112 Galicia dun choque entre dous turismos e con posibles atrapados no lugar de Pardavila, na Variante VG 4.4, ao redor do punto quilómetro 8, en Marín.
Os membros do parque comarcal do Morrazo confirmaron ao 112 Galicia que non foi necesario o uso do material de excarceración. Os tres feridos estaban fóra dos vehículos e xa estaban a ser atendidos polos técnicos sanitarios nas ambulancias alí desprazadas.
POIO
Por outra banda, sobre as seis da tarde do domingo, unha muller que circulaba co seu vehículo polo viario Norte entre Campañó e San Xoán de Poio, sufriu unha saída de vía.